Tu cuenta

Comunidad

Temas (Últimas)

Más

Destacadas: Política eumesa - Últimas

7
2
Couves (berzas) no paseo marítimo de Pontedeume
http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2008/12/couves-b...
Enviado por construeben hace 11 meses, 3 semanas, 4 días, 16 horas
Hai feitos que por moito que se proteste non se acadan os obxectivos da mesma, pero si á protesta vai con sorna ¿acadarase o obxectivo?. Sigue leyendo...
10
0
Arrinca a demolición do hotel que ocupaba primeira liña de praia en Ber
http://www.20minutos.es/noticia/433424/0/hotel/ber/galicia/
Enviado por Arceibe hace 11 meses, 3 semanas, 6 días, 23 horas
O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a través da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, iniciou as obras de demolición do Hotel da Praia de Ber, en Pontedeume (A Coruña). Grazas a esta demolición rescátanse máis de 7.000 metros cadrados de terreo para uso público. O Hotel Praia de Ber está sobre a praia, no interior da ría de Ares, no tramo de costa limitado entre a desembocadura dos ríos Eume e Mandeo Sigue leyendo...
9
1
Aplicación tardía dunha sentenza
http://sospontedeume.com/?p=1072
Enviado por Arceibe hace 12 meses, 1 semana, 21 horas
No ano 1999 o Concello concedeu licenza para construír unha vivenda en zona de protección costeira, en Freixeiro-Nogueirosa. Seis anos despois o Xulgado do Contencioso Administrativo anulou dita licenza por considerar que ao estar en chan rústico de protección costeira a concesión carecía de validez. Ademais ordenaba ao Concello derrubar a edificacion existente. Segundo se informa nos medios, o alcalde xa iniciou os trámites para executar a sentencia e encargou aos técnicos municipais un informe sobre a situación actual da obra como paso previo para demoler o construído... Sigue leyendo...
7
0
Gasoduto ao servizo de quen?
http://sospontedeume.com/?p=1064
Enviado por Arceibe hace 12 meses, 1 semana, 1 día, 16 horas
As primeiras protestas dos veciños xa se deron a coñecer. O gasoduto que Gas Directo (Unión Fenosa+Cepsa) promove para abastecer ao concello de Pontedeume de gas natural atravesa varias parroquias e afecta a máis de 200 propiedades privadas. A forma de levar a cabo semellante construción en terreos privados non é a que cabería esperar da expropiación senón algo máis lesivo para os intereses dos propietarios. Ocúpase unha franxa de terreo de 10 metros de ancho na que non se pode edificar, prohibíndose tamén a plantación de arbustos e árbores nunha franxa de 4 metros. Os terreos seguen sendo propiedade dos veciños pero de feito o seu uso está restrinxido pola compañía gasística... Sigue leyendo...
8
0
ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view...
Enviado por Arceibe hace 13 meses, 6 días, 22 horas
Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? Sigue leyendo...
9
1
"O fondo das nosas rías non son vertedoiros" 3ª proposta ao Concello dende SOS Pontedeume
http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2008/10/3-propos...
Enviado por Arceibe hace 13 meses, 1 semana, 4 días, 23 horas
Parece que foi onte cando Sos Pontedeume lanzou a primeira proposta ao Concello e hoxe chegamos a 3ª proposta, ainda que hai que recoñecer que non fixeron caso. A proposta de hoxe implica tanto o Concello como a outros colectivos ou asociacións, posto que esta iniciativa parte co obxectivo de limpar os fondos da nosa ría, unha ría que é o principal sustento de moitos eumeses. Cando falamos de limpar os fondos, chegaría por comezar coa limpeza da ponte de pedra hacia as Fragas do Eume xa que os medios materiais que se precisan pra facelo son mínimos dada a escasa profundidade coa marea baixa. Pra limpeza desa zona chegaría con xente con gañas e ataviados cun traxe de neopreno e contar coa infraestructura necesaria pra despois levar o lixo os puntos axeitados pra súa reciclaxe. Sigue leyendo...
9
1
Cabanas ou Cabañas?
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=200...
Enviado por ombre hace 15 meses, 3 días, 15 horas
Pois, se vas en tren, tes que ir a Cabañas. Ainda que non saia así nos mapas nin sexa legal. Sigue leyendo...
9
3
A ARRIMAR TODOS EL HOMBRO
http://ppdepontedeume2007.blogspot.com/2008/08/arrimar-todos...
Enviado por gabitorren hace 15 meses, 1 semana, 4 días, 11 horas
É HORA DE QUE ENTRE TODOS POÑAMOS A PONTEDEUME DONDE SE MERECE. Sigue leyendo...
9
1
Hoxe comeza a "Zona Azul" en Pontedeume
http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2008/08/hoxe-1-d...
Enviado por ascroas hace 16 meses, 19 horas
O día 1 de agosto é o día escollido polo concello para a entrada en vigor da Zona Azul. Sigue leyendo...
9
0
O concello adxudica a xestión turística a un ximnasio
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=200...
Enviado por abreasorellas hace 16 meses, 4 semanas, 20 horas
Eu sabía que non hai ascensor no torreón, pero de eso a darllela xestión a un ximnasio hai un treito Sigue leyendo...

Inicio | Términos del Servicio | Privacidad de datos | Ayuda | Sobre "Novas na Eumesfera" | Escríbenos

© "Novas na Eumesfera" 2007

Powered by coRank.com